HISTORIA


Un pouco de historia:


Os vestixios máis antigos de vida neste municipio constitúeno o grupo de megalitos do Monte Corzán, unha mámoa aberta en Liñaio, e as estatuas de Logrosa. Posteriormente, da cultura castrexa, podemos ver os castros de Logrosa, Vilachan, Broño, e Xallas.

A antiga Nicraria Támara dos romanos aparece nalgunhas das lendas do Camiño Xacobeo. Os discípulos que trouxeron o corpo do Apóstolo Santiago para enterralo en Galicia tiveron que sortear moitas dificultades para conseguir o seu propósito. Unha delas foi pedir a autorización do gobernador romano, que estaba en Duio (Finisterre), e que, ao escoitarlles, encerrounos en prisión. Conseguen escapar coa axuda dun anxo e emprenden o camiño cara a Santiago, perseguidos polos soldados romanos. Cando lles ían a dar alcance á altura de Ponte Maceira no río Tambre, a ponte que existía veu abaixo salvando aos discípulos. Este feito aparece reflectido no escudo do Concello.



Nicraria Tamara foi lugar de paso da Per Tola Marítima dos romanos, que unía Caldas de Reis con Brandomil, onde existían unhas minas de prata. Desta época atopáronse varias inscricións na parroquia de Logrosa.


No século IX, no ano 876, Afonso O Magno cede Negreira á Sede compostelá, cesión que foi confirmada polo Bispo Sinando no ano 899.


No século X, no ano 979, os piratas normandos arrasan a poboación. Posteriormente, no ano 997, os musulmáns cordobeses capitaneados por Almanzor atacan Santiago de Compostela. Negreira é mandada reconstruír polo Rey de Galicia Afonso VII no ano 1113, continuando sometida ao poder de Compostela. Nesta época crese que existía un castelo en Xallas que foi destruído polas guerras irmandiñas. 

Non foi ata o século XV cando os Reis Católicos declárana Foro Real con ditado de lealdade, privilexio que foi confirmado nas Cortes de Santiago polo emperador Carlos V en 1520. Por iso, no escudo da vila aparece unha coroa real. 



Máis tarde, a coroa deixa de ter xurisdición sobre estas terras, que se reparten entre o Arcebispado de Santiago e o Conde de Altamira. En 1711, Felipe V exime á vila do pago dalgúns dereitos. 


O 17 de febreiro de 1906, baixo o reinado de Alfonso XIII, concédeselle a Negreira o título de Vila, pola súa importancia agrícola, que queda tamén reflectida na cantidade de sociedades agrarias e sindicatos agrícolas existentes. Durante estes primeiros anos do século XX, a sociedade nicrariense obtén moitos logros e un certo benestar, que é truncado pola Guerra Civil.

Negreira terra do Trobador "AFonso Eanes"



Trobador e nobre de Negreira (s. XII-XIII). 

Foi un dos máis famosos trobadores galaico-portugueses polo seu exquisito modo de trovar e polo seu tráxico desenlace. A súa obra difundiuse polo Camiño de Santiago. Tense constancia da súa participación nas campañas de Reconquista de Fernando III e da lectura da súa obra dedúcese que estivo presente na conquistas de Xaén e mesmo nas tomas de Sevilla e Córdoba. No texto detéctase que foi un asiduo frecuentador de tabernas e que lle gustaba alternar con mulleres da vida. Percorreu boa parte de Castela e o Camiño Francés -Burgos, Palencia, Carrión, etc.- detrás dunha muller da que el mesmo di que non sabía se era casada, viúva, solteira, toquinegra, monxa ou frade?. Na cantiga doutro trobador, Martín Suárez, preséntase a Alfonso Eanes do Cotón como trotamundos bohemio, dado ao viño, ao xogo, ás prostitutas e á rifa: -mais pago-méu deste foder astroso / e destas tavernas e deste bever-. O propio Eanes do Cotón devólvelle adxectivos respondéndolle que é -mui gran putanheiráficado- e que se pasa a vida en garitos e mancebía.
Morreu a coiteladas nunha taberna da recentemente fundada Cidade Real a mans do seu amigo e discípulo Pero dá Ponte, cumpríndose o vello adagio: -Ao mestre, coitelada presto-.